2 feb 2017

Paxariña de papel



Unha paxariña
feita de papel
fala cun ventiño
sen saber quen é.


Moitas das palabras
soan a papel.
Repíteas o vento.
Brotan caraveis.


Esa paxariña
feita de papel
pídelle ao ventiño
que a leve con el.